Samaín, tradición cultural galega

Xa chegou unha das nosas épocas favoritas do ano… A chegada do outono! Con:

🇸🇪 Alla Helgons Dah

🇲🇽 Día de Muertos

🇪🇸 Día de Todos los Santos

🇲🇬 Famadihana

🇯🇵 Festival de Obon

🇮🇪 Halloween

🇨🇳 Teng Chieh

E a nosa favorita porque enriba é propia en Galicia: Magosto e Samaín!

Está claro que culturas de tódolos tempos e lugares xa asociaban o fin do verán co comezo dun novo ciclo de vida. De feito, os celtas consideraban o Samaín o propio Aninovo. 🍁🍂🍁

E ben sexa para conmemorar os nosos antepasados e defuntos ou para divertirse e disfrazarse cun toque terrorífico, a nós é unha festividade que particularmente se nos fai moi especial, que rompe ca cotidianidade e que é excusa de reunión e festexo cos nosos!

E vós, festexades estas datas? Despedimos entrada cunha foto do noso espectáculo “Quen dixo medo?” 😊

 

Posted in animación, Barafunda, cultura, educación, espíritos, fantasía, festas, Folclore, Galicia, Halloween, Interesa saber..., meigas, Samaín, tradición and tagged , , , , , , , .