Tui


Terrorífico ROTEIRO NOCTURNO do Concello de Tui

31 de Outubro 2024

Benvidos a esta terrorífica andaina nocturna onde coñeceremos o Conxunto Histórico de Tui á vez que nos deixamos sorprender polos misterios que nel se agochan… Durante o percorrido atoparemos personaxes que ben nos contarán a súa historia e vida, ou ben nos pegarán un bo susto. Así que ide con coidado e ben xuntos!

Podedes ir disfrazados para a ocasión. Durante a andaina, iredes en grupos de máximo 10 persoas. Recomendamos levar calzado cómodo, roupa abrigada e ter os teléfonos ca batería cargada para vivir ben a gusto esta emocionante e misteriosa aventura.

NORMAS:

  • Os grupos debedes estar mínimo 15 minutos antes da hora seleccionada na Praza da Inmaculada.
  • Os responsables de equipo deberán confirmar reserva no Posto de Inscricións habilitado na Praza da Inmaculada, confirmando o nome de equipo, o número total de asistentes e presentando as autorizacións dos menores 
  • Sairedes a vosa hora, agardando as instrucións de saída que vos dé o terrorífico presentador.
  • No roteiro, tedes que respectar ós actores/actrices. Está prohibido agredir verbal ou físicamente a calquera actor/actriz. O incumprimento desta norma pode devir na expulsión do grupo do roteiro e, dependendo da gravidade, pode causar denuncia formal.
  • Hai que respectar o material e atrezzo do roteiro. Está prohibido tocar, modificar ou cambiar de sitio calquera do material colocado ao longo do roteiro. O incumprimento desta norma pode devir na expulsión do grupo do roteiro e, dependendo da gravidade, causar denuncia formal.

DECLARACIÓN RESPONSABLE:

BARAFUNDA S.L. non asume a responsabilidade dos danos e perxuízos ocasionados polo incumprimento das normas das persoas participantes; sendo as persoas e grupos implicados os que asuman a responsabilidade. No caso dos menores/as, os responsables serán os pais, nais ou titores legais.

DÚBIDAS, SUXERENCIAS E MODIFICACIÓNS DE RESERVAS:

  • sobre as inscricions enviar email a roteirosbarafunda@gmail.com
  • 604 07 27 71 (acéptanse só chamadas e whatsapp’s). Horario de atención: Luns a venres 09:00 – 11:00.
  • o rexistro telemático das inscricións estará habilitado na web do Concello de Tui (https://tui.gal/) desde o día 18 de outubro (18/10/2024) as 09:00 ata o día 29 de outubro (29/10/2024) as 23:59.

Selecciona a hora da saída

  • Non hai eventos nesta localización