MOSTRA CLOWN E RISA
“Un día sen un sorriso é un día perdido”
Charles Chaplin
- MOTIVACIÓN
A esencia do circo, aquel que o manten vivo o longo do tempo, non é outra que o talento da gran variedade de artistas que forman parte do seu elenco: trapecistas, pallasos, magos, mimos, equilibristas, malabaristas… Todos eles forman parte do término paraugas coñecido como artista de circo. Nesta edición poderemos destacar a figura do pallaso.
Ante un mundo que vai demasiado deprisa, o pallaso pode ser unha pausa, un intre soleado.
A idea da Mostra alzase como unha plataforma para dar a coñecer pallasos e pallasas de renombre galego, descoñecidos nalgúns casos polo público xeral, e buscando unha vaiedade buscando as diferentes escolas deste arte: o estilo dos pallasos do este de europa, mestres do mimo; o clown de tono reflexivo; quen prefire o humor do absurdo e a ironía mordaz…pallasas e pallasos clásicos, rompedores, innovadores e máxicos, pero con un denominador común sacar un sorriso e remexer conciencias.
Esta Mostra quere reivindicar e dar visibilidade á figura dos pallasos como artistas, entendemos que o humor é unha arma poderosa contra as desigualdades. Necesitamos o humor para relacionarnos e sentirnos ben, para crear espazos de mellor convivencia e máis habitables, e é aí onde a maxia do clown éncheo todo, porque o seu poder pode contribuír a crear espazos e sinerxias comúns desde un humor auténtico, libre, tenro, inspirador e sempre reivindicativo.
O éxito das nosas actividades responde a calidade e profesionalidade do gran equipo que compón Barafunda, a orixinalidade e experiencia no desenrolo integral dos seus proxectos que otorga o prestixio, a plena confianza dos nosos clientes.
Para más información o cualquier consulta en:
- El teléfono 986 22 12 18
- eMail: info@barafundaanimacion.com
Atentamente;