Benvidos/as ao clube infantil da Revoltosa! Onde tódolos sábados achegamos ocio infantil seguro, interesante e variado para pasar unhas mañás do máis divertidas!
Para inscricións e máis información podédelo facer presencialmente na Revoltosa (Rúa Cruz Blanca Nº5, O Calvario – Vigo), chamando ou vía whatsapp no 678 177 707
Consulta aquí a nosa programación actual!
SÁBADO 27 ABRIL: CONTOS E CANTOS DO BARDO ABELARDO
O Bardo Abelardo, acompañado do seu vibrante acordeón, nos achegará a súa música a través de numerosas cantigas, xogos rimados e bailados. Desfrutaremos dun espectáculo onde a música, o movemento e o baile serán chave para xerar un recordo inesquecible!
Asiste e leva gratis unha cracha tematizada. Ademais, en A Pita Cega e Banda Deseñada do Calvario atoparedes tamén os libro-contos cos mellores éxitos do Bardo Abelardo!
SÁBADO 4 MAIO: OS OURIZOS, O MUSICAL
Coñece a Cacho, unha ouriza de terra moi alegre e querida por tódolos seus amigos e veciños á que todo lle cambia cando chega a adolescencia e as súas pugas comezan a crecer! Un espectáculo de títeres con música orixinal propia que fará as delicias de tódolos asistentes! Asiste e leva gratis un marcapáxina co código QR cas cancións en Spotify
SÁBADO 11 MAIO: OBRADOIRO DE XOGOS TRADICIONAIS E POPULARES
Un, dous, tres… Viaxe ao pasado! Neste obradoiro crearemos kendamas e outros xogos tradicionais e populares con elementos de refugallo. Remataremos cunha mini festa moi divertida onde brincaremos e experimentaremos cas nosas propias creacións.
SÁBADO 18 MAIO: PALLASO POPÍN
Ven a coñecer a Popín, o pallaso que vale por tres! Un espectáculo cheo de humor, ilusión, risas contaxiosas, xogos e gags interactivos nos que cada neno se divertirá coma nunca!
SÁBADO 25 MAIO: OBRADOIRO DE XABÓNS ARTESANAIS
Aprende a crear fragantes xabóns empregando ingredientes naturais, flores, plantas secas e glicerina da máis alta calidade. Xabóns totalmente únicos que coidarán e mimarán a nosa pel. Logo continuaremos a sesión con máis festa e numerosos xogos!
Descarga a axenda de MAIO aquí!