DÍA 2. EXCURSIÓN CABÁRCENO

Boas familia!! Rematado o segundo día da excursión. Hoxe espertáronnos moi cedo (8:00 am) para aproveitar ben o día.

Comezamos cunha visita ao museo de Altamira, aprendendo un montón de cousas sobre cómo vivían nesta zona fai miles de anos. Ao saír visitamos a vila de Santillana del Mar, a vila das tres mentiras: “ni santa, ni llana ni tiene mar”. Alí coñecimos o rueiro do pobo e gozamos do noso primeiro tempo libre, no cal aproveitamos para mercar os primeiros agasallos…

De volta no albergue, comimos en dous grupos mentres tiñamos a primeira ronda de chamadas… Grazas as nosas monitoras por correr detrás de nós cando soaba o teléfono.

E por fin… chegou o gran momento do día… FORESTAL PARK!!! Cumpriu todas as nosas expectativas, incluso as mellorou. Comezamos cun pouquechiño de medo pero rematamos sendo expertxs da liña de vida, “C” e a polea. Deixamos moitísimas fotos no Facebook!! As nosas fotógrafas que non lles apetecía probar.

Para rematar o día escribimos os tres desexos de San Xoan e xogamos no albergue antes de meternos na cama. Un día mooooi proveitoso.

BOAS NOITES!! Mañá voltaremos con máis enerxía.

Posted in Interesa saber....