Na súa aposta pola formación continua e de calidade, Barafunda, en colaboración coa Escola de Tempo Libre Fervenza, desenvolveron un curso de Monitores de Tempo Libre no mes de Xullo.
Vintesete mozos e mozas chegados dende diferentes puntos de Galicia conviviron durante os vinte días que durou o curso, en réxime de acampada no entorno rural de Xiguentes (Sta. María de Oia).
Moitas horas de traballo e esforzo, lexislación, psico-socioloxía, socorrismo, campismo, medioambiente, saúde, rutas de orientación, xogos, danzas, cancións, … e todo para acadar o seu obxectivo “O título de Monitores de Tempo Libre”. E tamén houbo tempo para a ledicia, a diversión e para facer amizades que serán, posiblemente, para toda a vida.
Dende Barafunda queremos dar unha aperta a todos e todas que nos fixeron gozar destes días, da súa compaña, inmersos en un bo ambiente de traballo, diversión e sorrisos.
!!! BOA SORTE A TODOS!!!
Click aquí para ver máis fotos
moitas gracias a vos,os profesores por facer que durante 21 dias voltaramos a ser nenos e por ensinarnos da mellor das maneiras posibles e con tanto carino!! un saudo
unha xixentiana
YO TAMBIEN QUIERO DAR LAS GRACIAS POR ADEMAS DE ENSEÑARNOS TANTAS COSAS , CUIDARNOS DURANTE TANTOS DIAS ( SOBRE TODO A ACCIDENTADOS COMO LOS Q SE DEDICAN A TIRARSE X EL MONTE, JEJE!!!)
BIKOSMIL Y VIVA BARAFUNDA!!!!!!
Todos eses días foton xenias o coincidir con xente como vos! moitas grazas tamen por todolos momentos q vivimos!por suposto que nos quedaran marcados por moito tempo! Unha aperta a todos