Por fin chegou o Entroido!!!! Unha das nosas festas favoritas do mundo mundial!!
Arrincamos mañá, venres 24 de febreiro con cousiñas variadas… Aquí vos deixamos algúns plans:
- Ás 10:00h estaremos en Salvaterra, animando o desfile dos colexios do concello, e pola tarde, de 17:00 a 18:00h homenaxeando a Rosalía de Castro no parque da Canuda.
- Ás 12:00h, andaremos montando troula na rúa peatonal do Calvario coas alumnas e alumnos do CEIP O POMBAL.
- E coma sempre, a partir das 17:30h os talleres dos venres no Centro Comercial Gran Vía, no que deseñaremos os complementos máis divertidos para o noso photocall!! Aquí vos deixamos o programa.
- Ás 18:00h no Corte Inglés, maquillaxe de fantasía! Ven e maquíllate do que máis che guste!!
- E ademais comezamos coas actividades de entroido na Zona Náutico: