Hoxe queremos contarvos que rematou o campamento urbano que Barafunda desenvolveu durante o mes de xullo no Concello de Pazos de Borbén, concretamente na parroquia de Amoedo.
Imos botar de menos ós máis de 50 nenos e nenas que participaron, xa que os seus nomes e sorrisos non os esqueceremos.
Durante todo este mes gozamos de moitas actividades e obradoiros, á vez que aprendiamos moitas cousas. Como colofón houbo unha festa final onde os nenos e nenas prepararon os seus espectáculos para todos os pais e nais.
Aquí podedes ver máis fotos
Dende Barafunda queremos enviar unha aperta moi especial a Sonia, responsable de Diverchán, o lugar onde se levaron a cabo as actividades, e que fixo que todo fora máis sinxelo e agradábel. E tamén agradecer o traballo dos monitores que fixeron que todo isto fose posible: Lila, Miri, Lorena, Lucía, Adrián e Xabi.
Feliz verán a todos!!!!