Non se inclúen na campaña animación de rúa, obradoiros nin espectáculos e contacontos.
Non inclúe IVE nin transporte/desprazamento.
Non se inclúen na campaña animación de rúa, obradoiros nin espectáculos e contacontos.
Non inclúe IVE nin transporte/desprazamento.
Queremos facer un pequeno repasiño polas festas do Nadal 2016-2017 de Barafunda, das que aínda estamos a recuperarnos… Foi un nadal moi intenso que non tería sido posible sen o equipazo barafundeiro ao que queremos dar unha e mil veces AS GRAZAS!!
Comezamos lembrando o Parque Xurásico de Nadal, no que ademáis da Dinoescola e o Volcán, levamos a cabo a decoración xurásica, e do que xa vos falamos nesta outra entrada do blogue.
Durante todas as festas estivemos na Zona Náutico, facendo todo tipo de manualidades e divertidísimas animacións de rúa:
Recibimos ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente (aos auténticos) no Corte Inglés e no Auditorio do Concello de Vigo:
E moitas moitas cabalgatas!!! Estivemos en Vigo, na Dinocabalgata, co noso Globosauro, que deu moito que falar:
Polas rúas de Arzúa andiveron Pinocho e compañía derrochando ledicia!!
Foron moitas horas de traballo, máis de 10000 globos inflados, moito esparadrapo nas mans, pero… cremos que o esforzo valeu a pena!! Agora tócalles desfrutar aos cativos e cativas da casa!!
E a vós?? Que vos parece o resultado final?