O Noso Entroido

 

Moita BaraFunda

Moita DiveRsión

Gústanos a Festa!   Viva o Entroido!

 

Cultura, unha viaxe. Galicia, o destino.

As ANIMACIÓNS DE RÚA son espectáculos de animación e dinamización vistosos e divertidos para tódolos públicos que son ademáis parte esencial do espectáculo. 

Ademáis tamén temos grandes espectáculos para o entroido: clown, maxia, contacontos,   ademáis dos nosos obradorios didácticos do entroido para divertir e ensinar as nosas tradicións, xogos, e moitas posibilidades para disfrutar:

 

  • Ollo Piollo en concerto: música infantil/xuvenil en galego.

 

  •  Espectáculos:
    • Bambolina (clown)
    • Globotolo (clown)
    • Do Maxín á Realidade!
    • Pinga Pinga…
    • Abordaxe Pirata (baile e xogos dirixidos).
    • A Gran Barafunda!
    • Reconquistando Sorrisos.
    • Pallaso Popín (clown).

 

O éxito das nosas actividades responde a calidade e profesionalidade do gran equipo que compón  Barafunda,  a orixinalidade e experiencia no desenrolo integral dos seus proxectos que otorga o prestixio e plena confianza.

 

NOTA IMPORTANTE:

  • É requisito facilitar un espazo axeitado coas dimensións e accesos adecuados que permitan realizar a montaxe das figuras e o seu transporte que esté próximo ó lugar de inicio da actividade de pasarrúas.
  • Casi todos os espectáculos se poden facer tanto en exterior como en interior (consultar para máis información e detalle). Aínda que un escenario non é requisito si sería recomendable.  Tamén cómpre dispor e facilitar suministro de corrente eléctrica (220V).

Somos sostibles: Empregamos globos bio_agradables ademáis de biodegradables!

Podes atopar máis información na nosa páxina Web:  www.barafundaanimacion.com  ou nos teléfonos de contacto:

Fixo:     986 22 12 18

Móbil:   698 17 08 38

Síguenos en https://www.facebook.com/barafundavigo e https://www.instagram.com/barafundaanimacion/?hl=es onde atoparás máis información sobre nos e os nosos eventos.

 

 

Axenda entroideira!!


SÁBADO 25:

  • 17:30h Festa de entroido na Asociación de veciños de Borreiros.

 DOMINGO 26:

  • 17:00h Espectáculo Xan das Ondas na Porta do Sol, Vigo.
  •  Animación entroideira nas rúas de Padrón.

 LUNS 27 FEBREIRO

  • 17:30h Espectáculo Maxia Branca na Lonxa do Concello.
  • 17:00h Festa de Entroido no Centro Cultural Helios en Bembrive.

MARTES 28 FEBREIRO

  • 12:00h Contacontos Pepiña Maruxiña quere voar na Feira Mundo Nen@s no Recinto Feiral de Pontevedra.
  • 17:00h Desfile de Entroido no Pavillón de Dodro.
  •  17:30h Espectáculo Maxia Xabi na Lonxa do Concello.

1 MARZO

  •  17:00h Maquillaxe de entroido en Salvaterra
  • 20:00h Espectáculo Maxia Branca no Grove

Sen esquecernos das actividades no Náutico, que comezan desde hoxe mesmo!!

3,2,1… ENTROIDO!!

Por fin chegou o Entroido!!!! Unha das nosas festas favoritas do mundo mundial!!

Arrincamos mañá, venres 24 de febreiro con cousiñas variadas… Aquí vos deixamos algúns plans:

  • Ás 10:00h estaremos en Salvaterra, animando o desfile dos colexios do concello, e pola tarde, de 17:00 a 18:00h homenaxeando a Rosalía de Castro no parque da Canuda.

 

  • Ás 12:00h, andaremos montando troula na rúa peatonal do Calvario coas alumnas e alumnos do CEIP O POMBAL. 

 

  •  E coma sempre, a partir das 17:30h os talleres dos venres no Centro Comercial Gran Vía, no que deseñaremos os complementos máis divertidos para o noso photocall!! Aquí vos deixamos o programa.

 

    • Ás 18:00h no Corte Inglés, maquillaxe de fantasía! Ven e maquíllate do que máis che guste!!

     

    • E ademais comezamos coas actividades de entroido na Zona Náutico:

        A Charanga Barafunda no Entroido de Ourense

        Como vos anunciabamos fai uns días a través do noso facebook, a Charanga Barafunda estivo animando o Entroido de Ourense  coa súa música. 

        Foron tres días de actuacións polas rúas da vila, ademais de no palco da Praza Maior para a recepción das carrozas. Aquí podedes ver algunhas fotos da actuación da Charanga no palco:


        Quedamos abraiados coa gran afluencia de xente que achegouse ata alí! A praza estaba repleta dun público entregado e con ganas de moita festa que bailaba ó son da Charanga. 


        E tampouco nos podemos queixar da participación da xente mentres a charanga percorría as rúas!!  A medida que a charanga avanzaba íanse unindo máis e máis persoas que bailaban e acompañaban á charanga durante o seu percorrido. Aínda que case non se aprecia, no medio desta morea de xente estaba a Charanga:


        Por último, queremos dar as grazas a Simón do “Sindicato del Cómic” por deixarnos o seu local á nosa disposición para cambiarnos e gardar o material. 


        E por suposto, grazas tamén a todos aqueles que cos seus bailes, cánticos e ganas de pasalo ben fixeron coa Charanga Barafunda toda unha festa!