A través do noso facebook fómosvolo adiantando e agora ímolo explicar con detalle.
Barafunda, no noso compromiso coa formación e actualización de coñecementos, colabora co Centro de Formación Divino Maestro realizando cursos de formación continua para activos.
Estes cursos poden ser bonificados pola Fundación Tripartita a través das cotas da Seguridade Social. Isto quere dicir, que poden saírche totalmente de balde.
Que é a formación bonificada?? É a que as empresas poñen a disposición dos seus traballadores a custo cero, con cargo ás bonificacións á Seguridade Social. Todas as empresas contan cunha cota anual para a formación dos seus traballadores (crédito formativo) e se non se consume durante o ano, esa cantidade pérdese. Polo tanto, se traballas por conta allea, os nosos cursos podes facelos a custo cero para ti e para a túa empresa.
No caso de non estar traballando ou ter consumido o crédito formativo, tamén podes realizar os nosos cursos. Nese caso, asumindo o custo da formación.
Os cursos que actualmente temos dispoñibles son:
- Esculturas con globos
- Xogos sen xoguetes
- Danzas e cancións de animacións
- Decoración con globos
- Maquillaxe e caracterización
- Repostería creativa: cupcakes
- Repostería creativa: galletas
- Repostería creativa: tartas
- Feltro
- Teatro
- Bolsos e moedeiros
- Elaboración artesanal de velas
- Elaboración artesanal de xabóns
- Arxilas máxicas
- Amigurimis artesanais
- Esmalte en frío
E máis concretamente, o próximo curso que temos organizado é de REPOSTERÍA CREATIVA: CUPCAKES o SÁBADO 27 DE ABRIL, de 9:00h a 15:00h.
Se precisas máis info deste ou doutro curso, podes poñerte en contacto co Xestor de Formación do Centro Divino Maestro: Diego – 654.517.450
E se non atopas o curso que buscas, rétanos a preparalo para ti 😉