Xa chegou unha das nosas épocas favoritas do ano… A chegada do outono! Con:
🇸🇪 Alla Helgons Dah
🇲🇽 Día de Muertos
🇪🇸 Día de Todos los Santos
🇲🇬 Famadihana
🇯🇵 Festival de Obon
🇮🇪 Halloween
🇨🇳 Teng Chieh
…
E a nosa favorita porque enriba é propia en Galicia: Magosto e Samaín!
Está claro que culturas de tódolos tempos e lugares xa asociaban o fin do verán co comezo dun novo ciclo de vida. De feito, os celtas consideraban o Samaín o propio Aninovo. 🍁🍂🍁
E ben sexa para conmemorar os nosos antepasados e defuntos ou para divertirse e disfrazarse cun toque terrorífico, a nós é unha festividade que particularmente se nos fai moi especial, que rompe ca cotidianidade e que é excusa de reunión e festexo cos nosos!
E vós, festexades estas datas? Despedimos entrada cunha foto do noso espectáculo “Quen dixo medo?” 😊