O Censor de Monstros

Novo conto de Barafunda Editorial!!!

O pasado 3 de decembro presentabamos no Culturgal o noso novo conto, O censor de monstros, escrito por Patricia G. Varela e ilustrado por David Bastos. 
Agora, énchenos de orgullo (e satisfacción) comunicarvos que xa podedes atopar O Censor de Monstros nas librarías!!
Escaparate da libraría A Pita Cega (Vigo)

Ven coñecer a Leda e máis co seu avó Cristovo os moitos monstros e seres fantásticos que viven por toda Galicia. Vivirá algún preto de ti e aínda non o sabes?

E como o avó Cristovo é un moderno, tamén abriu un blogue e un twitter no que irá contando as súas viaxes e aventuras!! Non lle perdades a pista!! 

Pepiña Maruxiña quere voar, o libro!!

Por fin podemos anunciar que Pepiña Maruxiña quere voar xa é un conto ilustrado!!



Moitos coñecedes a historia desta xoaniña a través do noso contacontos, que xa leva nada máis que catro anos percorrendo auditorios, centros escolares, festas privadas… de toda Galicia.



Dende Barafunda editorial, no noso compromiso coa literatura infantil en galego, estivemos moitos meses traballando neste novo proxecto. Pepiña Maruxiña quere voar é o noso terceiro conto infantil ilustrado e agardamos que teña o mesmo éxito que os anteriores.

Para a súa presentación estaremos venres, sábado e domingo no Culturgal 2013 (Pazo da Cultura de Pontevedra). Alí o poderedes adquirir en primicia mentres non chega ás máis de 100 librerías de toda Galicia polas que o distribuiremos. 



No noso stand, ademais de amosar o noso traballo realizaremos diferentes actividades para todos vós: maquillaxe infantil, visita do Apalpador, obradoiro de globoflexia… 

Agardamos veros a todos no noso espacio do Culturgal! Como aperitivo, aquí vai o vídeo promocional do noso novo proxecto:



Agardamos que vos guste tanto como cariño puxemos para facer realidade este conto 🙂

Presentación “Xan das Ondas”

Este domingo presentamos o novo contacontos “Xan das Ondas”!!!

Nesta ocasión coñeceremos a Xan, un rapaz ó que lle gusta moito o mar. Unha mañá descubre que non ten ondas e parece que está moi enfermo, así que emprende unha gran aventura adentrándose no máis profundo dos océanos para descubrir por que o mar non ten ondas. Nesta viaxe Xan fará moitos amigos e coñecerá ós habitantes dos mares. ¿Conseguirá Xan salvar ó mar da súa doenza?
Se queres saber se o logra, ¡non podes faltar!
¿Cando? O domingo 22 ás 18:00 h. (apertura de portas ás 17:45h. ata completar o aforo: 120 persoas)
¿Onde? No Museo Verbum (Avda. de Samil, 17. Vigo)
¿Para quen? Para público familiar. Haberá intérprete de lingua de signos.
¿Por canto? De balde