Actividades Nadal e Cabalgatas de Reis

Actividades Nadal e Cabalgatas de Reis

Shows e espectáculos, animación de rúa, obradoiros e arte e decoración con globos

Achego propostas para o “Nadal de 2019 e Cabalgata de Reis”  destaca polo seu detalle e a minuciosa elaboración de figuras propias destas datas elaboradas con globos de latex natural biodegradables (https://youtu.be/KrzZ6YS876E).

DescargaProxecto Proposta para o Nadal e Cabalgata de Reis

O éxito das nosas actividades responde a calidade e profesionalidade do gran equipo que compón  Barafunda,  a orixinalidade e experiencia no desenrolo integral dos seus proxectos que otorga o prestixio e plena confianza.

Como xa sabe non dubide en consultarnos para máis información ou aclaracións que precise; estamos encantados de atender calqueira consulta e incluso para colaborar na planificación ou organización de calqueira evento e actividade. Se ten interés noutras opcións ou posibilidades por favor coméntame.

Contamos con persoal profesional e cualificado con amplia experiencia formado e coa titulación pertinente conforme ós requisitos exixibles segundo as diferentes normativas: laboral, formación en PRL e demáis certificados como o de non antecedentes penais (de natureza sexual) e cualqueira outro requisito imprescindible conforme ás normativas vixentes laboral e fiscal así coma tamén os seguros de R.C. necesarios para o correcto exercicio e desenrolo da nosa actividade.

Empregamos materiais e globos ecolóxicos biodegradables de latex natural co compromiso de coidar do medioambente.

  Para más información o cualquier consulta en:

 

O Censor de Monstros

Novo conto de Barafunda Editorial!!!

O pasado 3 de decembro presentabamos no Culturgal o noso novo conto, O censor de monstros, escrito por Patricia G. Varela e ilustrado por David Bastos. 
Agora, énchenos de orgullo (e satisfacción) comunicarvos que xa podedes atopar O Censor de Monstros nas librarías!!
Escaparate da libraría A Pita Cega (Vigo)

Ven coñecer a Leda e máis co seu avó Cristovo os moitos monstros e seres fantásticos que viven por toda Galicia. Vivirá algún preto de ti e aínda non o sabes?

E como o avó Cristovo é un moderno, tamén abriu un blogue e un twitter no que irá contando as súas viaxes e aventuras!! Non lle perdades a pista!! 

O día do Apalpador

Xa levamos uns aniños participando desta festa tan bonita adicada ao noso benquerido Apalpador! Este ano non iamos ser menos! 
 O venres 23 de decembro o Casco Vello de Vigo prepárase para recibir á figura máis senlleira do Nadal galego! Obradoiros, contacontos, música, baile, castañas e moitas máis sorpresas para recibir ao Apalpador!! 
Botádelle un ollo ao cartaz tan bonitiño e non perdades detalle de tódalas actividades:
Ademais sodes moitas e moitos @s que preguntades onde podedes facervos cunha camisola do Apalpador, pois o venres estarán á venda por 10 euriños. Bulide porque… quítannolas das mans!! 

Este nadal… MOITA BARAFUNDA!!

Aquí vos deixamos parte da programación barafundeira para desfrutar destas datas en familia!!

E tamén os obradoiros que temos preparados para @s máis peques da casa!! 

Pepiña Maruxiña quere voar, o libro!!

Por fin podemos anunciar que Pepiña Maruxiña quere voar xa é un conto ilustrado!!



Moitos coñecedes a historia desta xoaniña a través do noso contacontos, que xa leva nada máis que catro anos percorrendo auditorios, centros escolares, festas privadas… de toda Galicia.



Dende Barafunda editorial, no noso compromiso coa literatura infantil en galego, estivemos moitos meses traballando neste novo proxecto. Pepiña Maruxiña quere voar é o noso terceiro conto infantil ilustrado e agardamos que teña o mesmo éxito que os anteriores.

Para a súa presentación estaremos venres, sábado e domingo no Culturgal 2013 (Pazo da Cultura de Pontevedra). Alí o poderedes adquirir en primicia mentres non chega ás máis de 100 librerías de toda Galicia polas que o distribuiremos. 



No noso stand, ademais de amosar o noso traballo realizaremos diferentes actividades para todos vós: maquillaxe infantil, visita do Apalpador, obradoiro de globoflexia… 

Agardamos veros a todos no noso espacio do Culturgal! Como aperitivo, aquí vai o vídeo promocional do noso novo proxecto:



Agardamos que vos guste tanto como cariño puxemos para facer realidade este conto 🙂

Espectáculos no Colexio Nosa Señora de Lourdes (A Estrada)

O pasado día 24 estivemos no Colexio Nosa Señora de Lourdes (A Estrada) con dous espectáculos.

Para os máis pequenos, os alumnos de educación infantil, representamos o espectáculo “Pepiña Maruxiña quere voar“. 


Click aquí para ver máis fotos


Despois, para os alumnos de educación primaria levamos o espectáculo “Preséntame un pallaso“. 

Click aquí para ver máis fotos


O asombro, a alegría e a tenrura que transmiten estes espectáculos reflectiuse nas caras dos  alumnos e profes durante toda a xornada. 

Dende aquí queremos agradecer ó Colexio, e especialmente ó ANPA,  por contar con nós para facer dese día un día diferente e, sobre todo, moi especial. 

Presentación “Xan das Ondas”

Este domingo presentamos o novo contacontos “Xan das Ondas”!!!

Nesta ocasión coñeceremos a Xan, un rapaz ó que lle gusta moito o mar. Unha mañá descubre que non ten ondas e parece que está moi enfermo, así que emprende unha gran aventura adentrándose no máis profundo dos océanos para descubrir por que o mar non ten ondas. Nesta viaxe Xan fará moitos amigos e coñecerá ós habitantes dos mares. ¿Conseguirá Xan salvar ó mar da súa doenza?
Se queres saber se o logra, ¡non podes faltar!
¿Cando? O domingo 22 ás 18:00 h. (apertura de portas ás 17:45h. ata completar o aforo: 120 persoas)
¿Onde? No Museo Verbum (Avda. de Samil, 17. Vigo)
¿Para quen? Para público familiar. Haberá intérprete de lingua de signos.
¿Por canto? De balde

A casa do rato Renato na Biblioteca Neira Vilas

Con motivo do Samaín, Barafunda estivo na Biblioteca Neira Vilas (Martínez Garrido, Vigo) co seu contacontos “A casa do rato Renato”.
Unha historia ambientada na época na que nos atopamos, que conta como Renato andaba na procura dunha cabaza para facer a súa casa. Sen sabelo, Renato vaise mergullar na noite do Samaín descubrindo as tradicións das festas do Magosto.

Máis fotos aquí

E despois de gozar desta emotiva historia, os nenos e nenas puideron ir para casa con maquillaxes terroríficos: meigas, espíritos, vampiros…

Reconquista Vigo 2011

Con motivo da Festa da Reconquista de Vigo, os “barafundos” estivemos alí para ofrecer un dos nosos espectáculos e, como non, para festexala.
Por segundo ano consecutivo, tralo éxito acadado no 2010 coa actuación “Reconquistando sorrisos”, a organización contou connosco. Nesta ocasión presentamos o traballo en formato de contacontos “Pepiña Maruxiña quería voar”, baseada nunha cantiga e tradición popular galega:
 
Voa voa
Voa maruxiña voa
Polas rúas de Lisboa
Que o teu pai
e a túa nai
coméronche a boroíña toda
Voa voa
voa maruxiña voa
        Como poderedes ver nas seguintes fotografías, os cativos (e non tan cativos…) gozaron desta divertida historia onde se van coñecendo diferentes insectos que habitan no xardín.
       E trala actuación, como non podería ser doutra forma, unímonos á festa enchendo o bandullo ata que chegou a hora de presenciar e participar na representación da reconquista viguesa.