Cirque du Soleil

Esta semana santa, unha representación de Barafunda estivemos en Madrid, para disfrutar do maior espéctaculo do mundo, o circo.
Xabi, Miriam, Tamara e Lolo puidemos disfrutar do incrible “Cirque du Soleil”, coa súa nova montaxe “Corteo”. Un espéctaculo impresionante tanto en medios técnicos como artísticos.
A maxia foi a protagonista principal do resto das actividades que desenvolvemos, na sala Houdini, na Escalera de Jacob, na exposición de ilusionismo… e moitas actuacións de rúa.
Unhas vacacións adicadas ó espéctaculo!
Ademais, tivemos a enorme sorte de contar coa compaña e hospitalidade de Rosa e Yoli, que compartiron connosco o seu tempo e a súa simpatía. Enviámoslle un bico moi forte e o noso agradecemento.
Deixamos aquí unhas fotos para que poidades ver que ben o pasamos 🙂
Click aquí para ver máis fotos
Grazas a todos os “barafundos” que fixeron posible esta viaxe….
Lolo

Reconquista Vigo 2011

Con motivo da Festa da Reconquista de Vigo, os “barafundos” estivemos alí para ofrecer un dos nosos espectáculos e, como non, para festexala.
Por segundo ano consecutivo, tralo éxito acadado no 2010 coa actuación “Reconquistando sorrisos”, a organización contou connosco. Nesta ocasión presentamos o traballo en formato de contacontos “Pepiña Maruxiña quería voar”, baseada nunha cantiga e tradición popular galega:
 
Voa voa
Voa maruxiña voa
Polas rúas de Lisboa
Que o teu pai
e a túa nai
coméronche a boroíña toda
Voa voa
voa maruxiña voa
        Como poderedes ver nas seguintes fotografías, os cativos (e non tan cativos…) gozaron desta divertida historia onde se van coñecendo diferentes insectos que habitan no xardín.
       E trala actuación, como non podería ser doutra forma, unímonos á festa enchendo o bandullo ata que chegou a hora de presenciar e participar na representación da reconquista viguesa.