O SAMAÍN ¿mete medo?

O SAMAÍN (halowen na tradición anglosaxona).

e o Magosto, o fin da colleita e tempo de lecer e disfrutar.

 

A nos que nos encanta o Samaín  propoñemosche  desde Barafunda varias actividades moi dinámicas e animadas e algunhas delas arrepiantes para celebrar esta época tan relevante da nosa cultura e realzar unha das tradicións máis arraigadas de orixe celta relacionada coas colleitas e tamén cos espiritus que nos acechan dende o máis alá.

Segundo a Galipedia, a Wikipedia en galegoé una festa asociada ó ciclo anual do sol…” forma parte das nosas tradicións de orixe celta máis fermosas  e arraigadas no noso acervo cultural e “…foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos..”.

“… Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e, con el do ano vello, e o comezo do inverno e, con el, do ano novo. Igualmente, o Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.[1]

Coincidía así, nesta noite do 31 de outubro ó 1 de novembro e tamén ó 2 de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás ánimas do outro mundo.

Pero outras fontes dan unha explicación contraria. A chegada das ánimas nesta noite representaba un potencial perigo[2] do que se defendían colocando sobre os muros ou nos vaos das paredes as caveiras dos seus inimigos, para que as ánimas que puidesen vir non se achegasen ós castros nin ás casas. Dentro desas caveiras colocaban unha candea de sebo acesa…”.

Espectáculos no Colexio Nosa Señora de Lourdes (A Estrada)

O pasado día 24 estivemos no Colexio Nosa Señora de Lourdes (A Estrada) con dous espectáculos.

Para os máis pequenos, os alumnos de educación infantil, representamos o espectáculo “Pepiña Maruxiña quere voar“. 


Click aquí para ver máis fotos


Despois, para os alumnos de educación primaria levamos o espectáculo “Preséntame un pallaso“. 

Click aquí para ver máis fotos


O asombro, a alegría e a tenrura que transmiten estes espectáculos reflectiuse nas caras dos  alumnos e profes durante toda a xornada. 

Dende aquí queremos agradecer ó Colexio, e especialmente ó ANPA,  por contar con nós para facer dese día un día diferente e, sobre todo, moi especial.