A pequena Atlántida

Como adiantabamos no noso facebook, comezamos proxecto novo!

Tódolos venres estaremos de 18:00h a 20:30h no “Club Infantil pequeVía” do Centro Comercial Gran Vía (local 2, segunda planta). 
A pequena Atlántida, que así se chama, é un espazo ambientado no fondo mariño, para que os nen@s de 2 a 10 anos poidan entreterse mentres os maiores van de compras. Alí faremos divertidísimas danzas, obradoiros incribles e os xogos máis animados!!


Cada mes estará adicado a unha temática, e cada venres a unha subtemática. A continuación podedes ver a programación de febreiro, baseada nas artes escénicas. Concretamente, o primeiro venres de febreiro o adicaremos ó teatro. 



Participar é de balde, e existe un aforo máximo de 20 nen@s. Así que se non queres quedar sen a túa praza… agardámoste ás 18:00h en puntiño o 1 de febreiro! Ademais, por ser a inauguración da Pequena atlántida, haberá unha sorpresa! 

Quen se apunta a pasalo xenial con Barafunda cada vernes??

O quiquiriquí! 2012

Por segundo ano consecutivo voltamos con O QUIQUIRIQUÍ!

A concellería de Normalización Lingüística de Vigo xunto con Barafunda, presentamos a actividade “O quiquiriquí”.
Nace a partir dun DVD/CD  onde a Asociacion de Gaiteiros Galegos e mailos estudos Casa de Tolos asócianse para facer este documento audiovisual onde se reflexan os diferentes aspectos culturais, tradicionais e antropolóxicos do Nadal en Galicia.

A actividade está enfocada para o público infantil e familiar e nela proxectarase o dvd do “Quiquiriquí” onde a través de distintas persoaxes faise un percorrido polas principais tradicións destas datas: as panxoliñas, os aguinaldos, o tizón, as pedras do sal…

Despois, continuase coa animación a través de xogos e cancións, onde @s nen@s gozarán deixándose levar pola música.

Agardámovos os días:

  • sábado 22 de decembro ás 12:00h, na Biblioteca Central (Joaquín Yáñez, 6)
  • domingo 23 de decembro ás 12:30h, no Museo Verbum (Avda. de Samil, 17)
  • mércores 26 de decembro ás 12:00h, na Ludoteca de Bembrive.
  • domingo 30 de decembro ás 12:00h, no Centro Comercial Gran Vía con intérprete de lingua de signos.
É de balde, así que non hai escusa para non vir!!

As fotos!!!

Como anunciabamos no noso facebook, aquí están as fotos do espectáculo Xan das Ondas no Centro Comercial Gran Vía.


Click aquí para ver máis fotos


Como vedes a asistencia foi masiva. Quedamos abraiados da cantidade de nen@s e familiares que se achegaron! 

Agradecementos ó Servizo de Normalización Lingüística de Vigo que foi o organizador. Foi unha tarde moi moi divertida! 

Ademais “colamos” un pequeno adianto dun dos próximos proxectos antes do espectáculo. Os máis atentos percatáronse e ó rematar viñéronnos a preguntar sobre el. Se non fuches un deles non te preocupes, pouco a pouco o iremos desvelando. Así que xa sabedes! Seguide atentos 😉


Xan das ondas no Centro Comercial Gran Vía de Vigo

Este venres 16 de novembro estaremos con XAN DAS ONDAS no Centro Comercial Gran Vía de Vigo. 


Será ás 18:30 horas na segunda planta do Centro Comercial.


¿Quen se anima a acompañar a Xan nesta aventura mariña?