Trala súa estrea o 5 de maio deste mesmo ano, aquí ensinámosvos o vídeo do noso espectáculo KeTKjas.
Un novo show para toda a familia, en especial para os máis pequenos. Da unha volta de rosca ás rutinas máis cotiáns do baño. O aseo matutino pode converterse nunha auténtica odisea, se o fai o pallaso Pico. Dende unha perspectiva escatolóxica chea de humor e tenrura, a caca, o cu, o peido e o pis, cobran un novo significado.
Category Archives: Barafunda
Espectáculos no Colexio Nosa Señora de Lourdes (A Estrada)
Anunciamos os nosos cursos!!!
- Esculturas con globos
- Xogos sen xoguetes
- Danzas e cancións de animacións
- Decoración con globos
- Maquillaxe e caracterización
- Repostería creativa: cupcakes
- Repostería creativa: galletas
- Repostería creativa: tartas
- Feltro
- Teatro
- Bolsos e moedeiros
- Elaboración artesanal de velas
- Elaboración artesanal de xabóns
- Arxilas máxicas
- Amigurimis artesanais
- Esmalte en frío
A Charanga Barafunda no Entroido de Ourense
Como vos anunciabamos fai uns días a través do noso facebook, a Charanga Barafunda estivo animando o Entroido de Ourense coa súa música.
Foron tres días de actuacións polas rúas da vila, ademais de no palco da Praza Maior para a recepción das carrozas. Aquí podedes ver algunhas fotos da actuación da Charanga no palco:
Quedamos abraiados coa gran afluencia de xente que achegouse ata alí! A praza estaba repleta dun público entregado e con ganas de moita festa que bailaba ó son da Charanga.
E tampouco nos podemos queixar da participación da xente mentres a charanga percorría as rúas!! A medida que a charanga avanzaba íanse unindo máis e máis persoas que bailaban e acompañaban á charanga durante o seu percorrido. Aínda que case non se aprecia, no medio desta morea de xente estaba a Charanga:
Por último, queremos dar as grazas a Simón do “Sindicato del Cómic” por deixarnos o seu local á nosa disposición para cambiarnos e gardar o material.
Vídeo “As aventuras de Lila e Lolo”
Polbo xigante
Aquí un videoresumo que o demostra:
Proxecto CONTA E CANTA
PINVI 2013
Xa estamos de volta!! O ritmo de traballo do Nadal non nos permitiu pasar antes por aquí.
Vos preguntaredes que estivemos facendo para estar tan ocupados. Como sempre nos gusta dicir, unha imaxe vale máis que mil palabras. Así que vos presentamos o vídeo dun dos proxectos nos que estivemos traballando: O PINVI 2013.
O quiquiriquí! 2012
Por segundo ano consecutivo voltamos con O QUIQUIRIQUÍ!
A concellería de Normalización Lingüística de Vigo xunto con Barafunda, presentamos a actividade “O quiquiriquí”.
Nace a partir dun DVD/CD onde a Asociacion de Gaiteiros Galegos e mailos estudos Casa de Tolos asócianse para facer este documento audiovisual onde se reflexan os diferentes aspectos culturais, tradicionais e antropolóxicos do Nadal en Galicia.
A actividade está enfocada para o público infantil e familiar e nela proxectarase o dvd do “Quiquiriquí” onde a través de distintas persoaxes faise un percorrido polas principais tradicións destas datas: as panxoliñas, os aguinaldos, o tizón, as pedras do sal…
Despois, continuase coa animación a través de xogos e cancións, onde @s nen@s gozarán deixándose levar pola música.
Agardámovos os días:
- sábado 22 de decembro ás 12:00h, na Biblioteca Central (Joaquín Yáñez, 6)
- domingo 23 de decembro ás 12:30h, no Museo Verbum (Avda. de Samil, 17)
- mércores 26 de decembro ás 12:00h, na Ludoteca de Bembrive.
- domingo 30 de decembro ás 12:00h, no Centro Comercial Gran Vía con intérprete de lingua de signos.
Vémonos no Bee Market!!
Exemplares de “Antón e o Apalpador” e “A casa do rato Renato” |
Inerttes |