Así foi o Nadal 2016-2017 de Barafunda

Queremos facer un pequeno repasiño polas festas do Nadal 2016-2017 de Barafunda, das que aínda estamos a recuperarnos… Foi un nadal moi intenso que non tería sido posible sen o equipazo barafundeiro ao que queremos dar unha e mil veces AS GRAZAS!!

Comezamos lembrando o Parque Xurásico de Nadal, no que ademáis da Dinoescola e o Volcán, levamos a cabo a decoración xurásica, e do que xa vos falamos nesta outra entrada do blogue.

Durante todas as festas estivemos na Zona Náutico, facendo todo tipo de manualidades e divertidísimas animacións de rúa:

Recibimos ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente (aos auténticos) no Corte Inglés e no Auditorio do Concello de Vigo:

E moitas moitas cabalgatas!!! Estivemos en Vigo, na Dinocabalgata, co noso Globosauro, que deu moito que falar:

 
En Rianxo, na fermosa cabalgata con temática mariñeira (Fotos de A Fiestra):
@s nos@s cascarolos desfilaron por Padrón acompañad@s por uns Ogros moi amables:

Polas rúas de Arzúa andiveron Pinocho e compañía derrochando ledicia!!

E as nosas pompeiras encheron Santiago de Compostela de pompas de xabón e de sorrisos!!

Deixamos no tinteiro contacontos, festas e algunha que outra animación de Nadal que fixemos e de todo aquilo que non temos documentos gráficos!! Pero así vos facedes unha idea, grosso modo, de cómo foi o Nadal de Barafunda. 
Comezamos esta entrada dando as grazas e queremos rematala do mesmo xeito. MOITÍSIMAS GRAZAS a tódalas persoas que traballades con nós e a tódalas que confiades en Barafunda, pois nada desto tería sentido sen vós!!

Polbo xigante

Como moitos sabedes, Barafunda presentamos o polbo xigante de globos na Cabalgata de Reis de Vigo.
Os seus 4´5 metros de altura e os raxos de 10 metros de lonxitude, fixeron deste polbo o ser mariño máis grande desta cabalgata. Para facelo realidade empregáronse máis de 3.000 globos movidos por 9 animadores caracterizados de mergulladores, que ó ritmo da Charanga Barafunda, transportaban o polbo e interactuaban co numeroso público.

Aquí un videoresumo  que o demostra:

Xa as temos!!

Por fin vos podemos amosar as imaxes das cabalgatas de reis nas que Barafunda participou!! 
O día 5 poidechedes vernos como ven sendo tradición na cabalgata de Vigo. Pero ademais este ano, por primeira vez, as nosas creacións con globos percorreron as rúas de Nigrán e Ourense. 
Ademais, tamén vos amosamos os obradoiros infantís que fixemos na lonxa do Concello de Vigo.
Como unha imaxe vale máis que mil palabras,  velaquí un montón de imaxes!!!