Aquí vos deixamos parte da programación barafundeira para desfrutar destas datas en familia!!
Category Archives: bembrive
O quiquiriquí! 2012
Por segundo ano consecutivo voltamos con O QUIQUIRIQUÍ!
A concellería de Normalización Lingüística de Vigo xunto con Barafunda, presentamos a actividade “O quiquiriquí”.
Nace a partir dun DVD/CD onde a Asociacion de Gaiteiros Galegos e mailos estudos Casa de Tolos asócianse para facer este documento audiovisual onde se reflexan os diferentes aspectos culturais, tradicionais e antropolóxicos do Nadal en Galicia.
A actividade está enfocada para o público infantil e familiar e nela proxectarase o dvd do “Quiquiriquí” onde a través de distintas persoaxes faise un percorrido polas principais tradicións destas datas: as panxoliñas, os aguinaldos, o tizón, as pedras do sal…
Despois, continuase coa animación a través de xogos e cancións, onde @s nen@s gozarán deixándose levar pola música.
Agardámovos os días:
- sábado 22 de decembro ás 12:00h, na Biblioteca Central (Joaquín Yáñez, 6)
- domingo 23 de decembro ás 12:30h, no Museo Verbum (Avda. de Samil, 17)
- mércores 26 de decembro ás 12:00h, na Ludoteca de Bembrive.
- domingo 30 de decembro ás 12:00h, no Centro Comercial Gran Vía con intérprete de lingua de signos.