Primeira actuación da charanga de Barafunda

E aquí estamos unha semana máis para contarvos as nosas novas!


Durante os últimos meses estivemos preparando a que sería a primeira charanga de Barafunda. O día 17 de novembro tivemos a nosa estrea por todo o alto, concretamente nos XXXV Premios da Crítica Galicia 2012. 

Celebráronse no Hotel Los Escudos de Vigo, e a charanga Barafunda amenizou todo o acto con temas divertidos e vibrantes.


A charanga, formada por sete membros, conta con grandes artistas cun longo percorrido no eido da música. Aquí deixamos algunhas fotos mentras non os podades gozar en directo 😉


As fotos!!!

Como anunciabamos no noso facebook, aquí están as fotos do espectáculo Xan das Ondas no Centro Comercial Gran Vía.


Click aquí para ver máis fotos


Como vedes a asistencia foi masiva. Quedamos abraiados da cantidade de nen@s e familiares que se achegaron! 

Agradecementos ó Servizo de Normalización Lingüística de Vigo que foi o organizador. Foi unha tarde moi moi divertida! 

Ademais “colamos” un pequeno adianto dun dos próximos proxectos antes do espectáculo. Os máis atentos percatáronse e ó rematar viñéronnos a preguntar sobre el. Se non fuches un deles non te preocupes, pouco a pouco o iremos desvelando. Así que xa sabedes! Seguide atentos 😉


Xan das ondas no Centro Comercial Gran Vía de Vigo

Este venres 16 de novembro estaremos con XAN DAS ONDAS no Centro Comercial Gran Vía de Vigo. 


Será ás 18:30 horas na segunda planta do Centro Comercial.


¿Quen se anima a acompañar a Xan nesta aventura mariña?

Seguimos coa XIRA INTERESTELAR!!!

Esta vez estamos no Auditorio do Centro Social de Mondariz os días 10 e 11:

O sábado 10 con “As aventuras de Lila e Lolo” e o domingo 11 con “Maxia Branca”.

Por suposto, coma sempre, a prezos populares para que ninguén quede coas ganas de ir:
– Ata dous anos: de balde
– De dous a 16 anos: 3€
– Maiores de 16 anos: 5€

Esta vez temos NOVO HORARIO. Ambos espectáculos comezan ás 18:00h, podendo mercar as entradas dende unha hora antes do comezo.


E vos deixamos cunha foto do 2011, da primeira edición da Xira Interestelar na súa parada en Gondomar… o primeiro capítulo desta aventura 😉


2ª parada da Xira Interestelar: A CAÑIZA

Como vos adiantábamos a semana pasada a través do noso facebook, a segunda parada da Xira é esta fin de semana no auditorio da Casa da Cultura de A CAÑIZA: o sábado 27 estaremos con “As aventuras de Lila e Lolo” e o domingo 28 con “Maxia Branca”


Novamente, a prezos populares para que ninguén se quede coas ganar de ir:
– Ata dous anos: de balde
– De 2 a 16 anos: 3€
– Maiores de 16 anos: 5€
Ambos espectáculos comenzan ás 18:30h, puidendo mercar as entradas dende unha hora antes do comezo.

Colabora: Concello de A Cañiza

E para ir abrindo boca… o vídeo promocional de “As aventuras de Lila e Lolo”

Coa auga non se xoga!…. ¿ou si?

Fai uns días estivemos cos nen@s do 4º curso do cole Otero Pedrayo nas instalacións de Aqualia con motivo do Día mundial do medioambiente. 

Pasámonolo xenial xogando a “Coa auga non se xoga” e superando as divertidísimas probas!! 


Ó redor dun taboleiro xigante cada equipo tratou de amosar os seus coñecementos medioambientais mentres Lolo quería botar unha man sendo o azafato da presentadora. Pero, como podedes ver nos seguintes vídeos, máis que axudar estaba a enredar todo o tempo!!


Podedes ver outro vídeo facendo click  aquí  (a partir do minuto 6:30).


Dende Barafunda vos animamos a todos a facer un consumo responsable dos nosos recursos 🙂



Presentación “Xan das Ondas”

Este domingo presentamos o novo contacontos “Xan das Ondas”!!!

Nesta ocasión coñeceremos a Xan, un rapaz ó que lle gusta moito o mar. Unha mañá descubre que non ten ondas e parece que está moi enfermo, así que emprende unha gran aventura adentrándose no máis profundo dos océanos para descubrir por que o mar non ten ondas. Nesta viaxe Xan fará moitos amigos e coñecerá ós habitantes dos mares. ¿Conseguirá Xan salvar ó mar da súa doenza?
Se queres saber se o logra, ¡non podes faltar!
¿Cando? O domingo 22 ás 18:00 h. (apertura de portas ás 17:45h. ata completar o aforo: 120 persoas)
¿Onde? No Museo Verbum (Avda. de Samil, 17. Vigo)
¿Para quen? Para público familiar. Haberá intérprete de lingua de signos.
¿Por canto? De balde

OnArt2012

       Barafunda estivemos en OnArt 2012, a Convención Española de Artistas do globo, en Vilaseca (Tarragona)  os días 23, 24 e 25 de marzo. 

Nesta convención presentáronse novos e sorprendentes deseños con globos e impartíronse numerosas clases prácticas ofrecidas por algúns dos instrutores profesionais máis dinámicos da actualidade mundial.
Cabe destacar as clases mestras de Hyun-gu Park (Corea), Colin Myles (Escocia), Antonio Becarés (España), Pascal Grooten (Bélxica), Laura Sánchez (España), Jose María Álvarez (España) e Cristina Cano (España).
Competicións de centros de mesa e figuras de globoflexia, sala de prácticas, zona de globoflexia, cena de gala,…tamén formaron parte desta convención.
Para máis foto clik aquí
       Puidemos gozar duns días inesquecibles e moi produtivos onde aprendemos e intercambiamos moita información sobre o máxico mundo dos globos. Participaron empresas e profesionais de toda España e Portugal, có obxectivo de mellorar a nosa formación na construción con globos, e creamos fortes lazos de amistade por toda a península e as illas.
          Dende Barafunda queremos agradecer e felicitar ós organizadores do evento, Globofiesta Party S.L., polo seu esforzo para que a convención deste ano fora un rotundo éxito.

Xa as temos!!

Por fin vos podemos amosar as imaxes das cabalgatas de reis nas que Barafunda participou!! 
O día 5 poidechedes vernos como ven sendo tradición na cabalgata de Vigo. Pero ademais este ano, por primeira vez, as nosas creacións con globos percorreron as rúas de Nigrán e Ourense. 
Ademais, tamén vos amosamos os obradoiros infantís que fixemos na lonxa do Concello de Vigo.
Como unha imaxe vale máis que mil palabras,  velaquí un montón de imaxes!!!