Coa auga non se xoga!…. ¿ou si?

Fai uns días estivemos cos nen@s do 4º curso do cole Otero Pedrayo nas instalacións de Aqualia con motivo do Día mundial do medioambiente. 

Pasámonolo xenial xogando a “Coa auga non se xoga” e superando as divertidísimas probas!! 


Ó redor dun taboleiro xigante cada equipo tratou de amosar os seus coñecementos medioambientais mentres Lolo quería botar unha man sendo o azafato da presentadora. Pero, como podedes ver nos seguintes vídeos, máis que axudar estaba a enredar todo o tempo!!


Podedes ver outro vídeo facendo click  aquí  (a partir do minuto 6:30).


Dende Barafunda vos animamos a todos a facer un consumo responsable dos nosos recursos 🙂



Remata o verán na Residencia de T.L. de Patos!!

Como todos saberedes, xa rematou o verán.
Durante estes meses de xullo, agosto e setembro,  Barafunda estivo realizando a animación infantil e de adultos da Residencia de Tempo Libre de Patos, por onde pasou xente de toda España deixándonos bos recordos.
Durante estes tres meses fixemos actividades moi variadas tanto para nenos como para maiores: olimpiadas, xogos inspirados no mundo dos piratas, xogos de aire, circo, globos, maxia, xogos de auga, xogos tradicionais, queimadas, ruteiros, rutas intermareais, bingos, sesións de música e baile,… e moitas outras.
Queremos enviar unha aperta a Lara e Paulo, que fixeron as prácticas de monitores de tempo libre con nós compartiron eses días con Barafunda.
Por último, felicitar a todos os que fixeron que a animación fora todo un éxito: Hugo, Julián, Pedro, Xabi, Lolo e, moi especialmente, a Merchi e Abraham que estiveron coas actividades infantís todo o verán.
Vémonos o ano que ven!!
Click aquí para ver máis fotos

Campamento Verán Amoedo 2011

      Hoxe queremos contarvos que rematou o campamento urbano que Barafunda desenvolveu durante o mes de xullo no Concello de Pazos de Borbén, concretamente na parroquia de Amoedo. 
       Imos botar de menos ós máis de 50 nenos e nenas que participaron, xa que os seus nomes e sorrisos non os esqueceremos. 
       Durante todo este mes gozamos de moitas actividades e obradoiros, á vez que aprendiamos moitas cousas. Como colofón houbo unha festa final onde os nenos e nenas prepararon os seus espectáculos para todos os pais e nais.

Aquí podedes ver máis fotos

     Dende Barafunda queremos enviar unha aperta moi especial a Sonia, responsable de Diverchán, o lugar onde se levaron a cabo as actividades, e que fixo que todo fora máis sinxelo e agradábel. E tamén agradecer o traballo dos monitores que fixeron que todo isto fose posible: Lila, Miri, Lorena, Lucía, Adrián e Xabi.
Feliz verán a todos!!!!

Asalto pirataaaa!

O domingo 12 de xullo, os barcos “Pirata de Onza” e “Pirata de Cíes” da empresa Nabia Naviera foron asaltados por piratas.
A abordaxe comezou dende terra antes de que os barcos tiveran tempo de saír cara ás Illas Cíes. Unha vez de camiño ás Cíes, os piratas loitaron con sables contra os pasaxeiros. Finalmente decidiron aliarse para, entre todos, buscar o tesouro agochado nas Cíes.
E a ritmo de…

“A vida pirata é a vida mellor
sen traballar, sen estudar, 
e… cunha botella de ron!”
… chegaron a Cíes con 500 novos piratas cos que descubrir tan marabillosa illa. 
Click aquí para ver máis fotos

Concerto Inerttes

    Con motivo do I Aniversario do Tzameti Bar, o grupo local INERTTES, do que Barafunda é manager, deu un concerto na sala Mondo de Vigo.
   Foi o pasado sábado 14 de maio, e xunto a eles tocaron os vigueses Glassonion e os canadienses Basketball.
     O concerto foi todo un éxito e, para os que non puidéstedes estar alí, aquí deixamos unhas fotos que así o demostran.

Click aquí para ver máis fotos
   E para saber máis deste grupo, podedes visitar o seu Myspace e escoitar algúns dos seus temas:  http://www.myspace.com/inerttes