Arte e Decoración con Globos o multiverso Barafunda

  Arte e Decoración con Globos: deseñamos e creamos!

En Barafunda, somos especialistas en globos (expertos en “globalismo”). Todo o que poidas soñar, nós facémolo realidade con globos.

Somos profesionais na creación de decoracións a gran, mediana e pequena escala onde os globos son o excelente material que xunto coa creatividade dan forma as ilusións e fantasías.

Deseñamos e creamos empregando diferentes técnicas e procedimentos as máis fantásticas figuras e ornamentos para decoracións e ambientacións con temáticas variadas , centros de mesa, fotocalls e tamén para a dinamización de eventos con pasarrúas animados.

Todo a medida para o teu evento: fantásticas creacións que nos trasladan ó multiverso imaxinado. 🎈✨

No documento: Arte e Decoración con GLOBOS  atoparás información amplia e detallada e exemplos da nosa creatividade.

Consultar para máis información.

En canto os requerimentos para a montaxe é preciso dispor de espazo suficiente que permitan a construcción das figuras, ornamentos e elementos decorativos así como tamén acceso a toma de corrente.

Non dubide en consultarnos para máis información ou aclaracións: estamos encantados de atender calqueira consulta e incluso para colaborar na planificación ou organización de calqueira evento e actividade con todos os recursos dispoñibles.

 

NOTA:

Contamos con persoal profesional e cualificado con amplia experiencia formado e coa titulación pertinente conforme ós requisitos exixibles segundo as diferentes normativas: formación en PRL e demáis certificados como o de non antecedentes penais (de natureza sexual) e cualqueira outro requisito imprescindible conforme ás normativas vixentes laboral e fiscal así coma tamén os seguros de R.C. necesarios para o correcto exercicio e desenrolo da nosa actividade.

 

Atendendo ó noso compromiso de coidar do entorono e do medio ambiente e a natureza tanto os materiais que empregamos como os globos son ecolóxicos e biodegradables (os globos son de latex natural: bioagradables!).

Para más información o cualquier consulta en:

Posted in Interesa saber....