Salvaterra


ROTEIRO NOCTURNO do Concello de Salvaterra

31 de outubro de 2024

Este ano vos agardan monstrosas novidades que soamente os máis intrépidos e aventureiras iredes descubrindo polo camiño.

Lembramos que podedes ir disfrazados para a ocasión, e que é aconsellable levar calzado de montaña, roupa abrigada e ter os teléfonos ca batería cargada para vivir ben a gusto esta emocionante e misteriosa aventura.

NORMAS:

  • Os grupos debedes estar mínimo 15 minutos antes da hora seleccionada na Praza do Concello.
  • Os responsables de equipo deberán confirmar reserva no Posto de Inscricións habilitado na Praza do Concello, confirmando o nome de equipo, o número total de asistentes e presentando as AUTORIZACIÓN A PARTICIPACIÓN DOS MENORES NO ROUTEIRO.
  • Hai que levar un alimento non perecedoiro ou produto de hixiene por participante, este produto se entregará no Posto de Inscricións, na Praza do Concello, previo comezo do roteiro.
  • Sairedes a vosa hora, agardando as instrucións de saída que vos dé o terrorífico presentador.
  • O percorrido é lineal, comeza na Praza do Concello e remata no Campo de Fútbol do Casal. A volta dende o campo de fútbol ata a Praza do Concello, é responsabilidade dos grupos. Recomendamos dispoñer aparcado un coche extra no campo de fútbol para facilitar a volta.
  • No roteiro, tedes que respectar ós actores/actrices. Está prohibido agredir verbal ou físicamente a calquera actor/actriz. O incumprimento desta norma pode devir na expulsión do grupo enteiro do roteiro e, dependendo da gravidade, pode causar denuncia formal.
  • Hai que respectar o material e atrezzo do roteiro. Está prohibido tocar, modificar ou cambiar de sitio calquera do material colocado ao longo do roteiro. O incumprimento desta norma pode devir na expulsión do grupo enteiro do roteiro e, dependendo da gravidade, causar denuncia formal.

DECLARACIÓN RESPONSABLE:

BARAFUNDA S.L. non asume a responsabilidade dos danos e perxuízos ocasionados polo incumprimento das normas das persoas participantes; sendo as persoas e grupos implicados os que asuman a responsabilidade. No caso dos menores/as, os responsables serán os pais, nais ou titores legais.

DÚBIDAS, SUXERENCIAS E MODIFICACIÓNS DE RESERVAS:

  • sobre as inscricions enviar email a roteirosbarafunda@gmail.com
  • 604 07 27 71 (acéptanse só chamadas e whatsapp’s). Horario de atención: Luns a venres 09:00 – 11:00.
  • o rexistro telemático das inscricións estará habilitado na web: https://www.barafundaanimacion.com/Roteiros/salvaterra/ desde o día 14 de outubro (14/10/2024) as 09:00 ata o día 27 de outubro (27/10/2024) as 12:00.

Selecciona a hora da saída

  • Non hai eventos nesta localización