ROTEIRO do TERROR do Concello de A Guarda
31 de outubro de 2024
Benvidos a esta terrorífica andaina nocturna onde coñecermos as rutas máis terroríficas de A Guarda á vez que nos deixamos sorprender polos misterios que nel se agochan…
Durante o percorrido coñeremos diferentes personaxes (os seus espiritus) que nos axudarán a atopar o colar da gran princesa celta Eilleen. Así que ide con coidado e ben xuntos!
Podedes ir disfrazados para a ocasión. Durante a andaina, iredes en grupos de máximo 10 persoas. Recomendamos levar calzado cómodo, roupa abrigada e ter os teléfonos ca batería cargada para vivir ben a gusto esta emocionante e misteriosa aventura.
NORMAS:
- Os grupos debedes estar mínimo 15 minutos antes da hora seleccionada na Praza de Avelino Vicente.
- Os responsables de equipo deberán confirmar reserva no Posto de Inscricións habilitado na Praza, confirmando o nome de equipo, o número total de asistentes e presentando as AUTORIZACIÓN A PARTICIPACIÓN DOS MENORES NO ROUTEIRO que participen na actividade.
- Sairedes a vosa hora, agardando as instrucións de saída que vos dé o terrorífico presentador.
- No roteiro, tedes que respectar ós actores/actrices. Está prohibido agredir verbal ou físicamente a calquera actor/actriz. O incumprimento desta norma pode devir na expulsión do grupo enteiro do roteiro e, dependendo da gravidade, pode causar denuncia formal.
- Hai que respectar o material e atrezzo do roteiro. Está prohibido tocar, modificar ou cambiar de sitio calquera do material colocado ao longo do roteiro. O incumprimento desta norma pode devir na expulsión de todo o grupo do roteiro e, dependendo da gravidade, causar denuncia formal e a posible reclamación.
DECLARACIÓN RESPONSABLE:
BARAFUNDA S.L. non asume a responsabilidade dos danos e perxuízos ocasionados polo incumprimento das normas das persoas participantes; sendo as persoas e grupos implicados os que asuman a responsabilidade. No caso dos menores/as, os responsables serán os pais, nais ou titores legais.
DÚBIDAS, SUXERENCIAS E MODIFICACIÓNS DE RESERVAS:
- O prazo para as inscripcións remata o día 29/10/2024 as 23:59.
- 604 07 27 71 (acéptanse só chamadas e Whatsapps). Horario de atención: Luns a venres 09:00 – 11:00 (preferiblemente empregar millor Whatsapp ou o correo electrónico: roteirosbarafunda@gmail.com).
- Tamén podes consultar aclaracións ou achegar as dúbidas a: roteirosbarafunda@gmail.com