Descrición
XOGO TEATRAL E “IMPRO“
(Para monitores)
Cando: 11 de Maio de 10:00 a 14:30
Obradoiro “intensivo” en BaraFunda (tan so 15 prazas dispoñibles!).
De que vai isto?
Un curso de teatro?
De “impro”?
De comedia?
Si, si e si. É un curso de teatro, de “impro” e de comedia, para a vida, para que te rías, para que disfrutes, para
que o uses.
CONTIDOS
Qué vou facer?
- Xogos de improvisación.
- Dinámicas grupais para entrenar reflexos e velocidade mental.
- Xogos teatrais e recursos cómicos.
E esta “movida” vaime axudar a ser millor?
- Máis recursos para as túas actividades.
- Millor comunicación cos teus grupos.
- Poderás usar o aprendido nos teus propios obradoiros.
É para min?
- Pois SI.
- Eres primeirizo? Perfecto!
- Eres aficionado? Perfecto!
- Eres vendedor de enciclopedias? Pois aquín non che é! Vale?
Cándo? Sábado 11 de maio
Onde? En BaraFunda. Camiño do Pombal, 28, Baixo
36205 Vigo (Lavadores)
(https://maps.app.goo.gl/HThTukkw95ZF6jZW8)
Cánto? Tan só 55€ para ti, pola túa cara bonita!
Quén da esta “movida”?
Yago Durán, un ser “riquiño” que habita os escenarios. Actor, cómico, músico, presentador, e un profe moi especial e un pouco “flipado“.
Tras traballar con xente en Turquía, Italia, Grecia, Irlanda, Azerbaián e algún outor país máis que deixo por ahí veño con moitas cousas para vos, con moitas ideas que estou seguro que vos van encantar.
Reservas no: 686 584 855