A VIDA UN FRENESÍ (Lol&Pop)

                                               Moita BaraFunda

                                                        LOL Y POP

           Presentan

     A VIDA UN FRENESÍ.

        UN ITINERARIO CLOWN SOBRE O PASO DO TEMPO

Unha creación de Lol e Pop  (Lolo e Popín), dous recoñecidos e  míticos pallasos que brillan con gran esplendor no universo clown en Galicia, xunto coa atenta  e rigurosa dirección de David Alonso e contando ademáis coa insuperable colaboración da gran escenógrafa Beatriz de Vega que aporta á obra unha gran beleza coa súa impecable arquitectura escénica.

 

Trata de  (sinopse):

LOL e POP viven unha vida gris traballando nun almacén. A través dunha viaxe pola súa imaxinación, móstrannos o paso do ser humano pola vida, dende a máis tenra infancia ata o ocaso da vellez.

A nosa asneira condúcenos a unha pronta extinción? Poderemos salvarnos? Esta tola parella de pallasos conta cunha receita para sobrevivir neste frenesí chamado vida: abrir o corazón e non parar de xogar e rir.”

Un espectáculo clown que amosa a estupidez humana, con pequenos sketches e gags que falan do cotiá de xeito inxenuo e divertido, onde podemos descubrir o ridículos que podemos chegar a ser.

A nosa asneira condúcenos a unha pronta extinción?      Poderemos salvarnos?     Esta tola parella de pallasos conta cunha receita para sobrevivir neste frenesí chamado vida: abrir o corazón e non parar de xogar e rir.

É un gran espectáculo de Súmmum Clown para toda a familia (aínda que NON ESTÁ  PENSADA PARA NENOS).

LoL e PoP realizan un humor a veces subido de tono, con gags sobre a actualidade, falando do paso da vida… Isto non impide a asistencia dos máis pequenos nembargantes non se trata dun espectáculo infantil!.


Público:             Tódolos públicos
Xénero:              Comedia, clown
Duración:          70 min
Temas:               Paso do tempo, humor, vellez, familia e actualidade socio-política

Estrutura:         Trama teatral dividida en sketchs cómicos, interactiva co público

Obra protagonizada por Adolfo “Popín” Maguna Strasser e Manuel ”Lolo” Castro Lima, pallasos de profesión con máis de 35 anos de experiencia en escenarios de toda Galicia.

Son actores, directores, guionistas de espectáculos teatrais, contacontos, magos, risoterapeutas… Un divertido dúo cómico cos mesmos denominadores comúns: a comunicación, a expresión e a risa.

Baixo a atenta dirección de David Alonso, actor, pedagogo teatral e creador escénico, apañarán milleiros de risas.

NOTA:    Nos enlaces que siguen dispón de máis información e acceso a contido e imaxes divertidas relativas a este evento:

https://youtu.be/jOBkrBfUDoc

https://barafundateatro.com/lolpop/

https://www.instagram.com/stories/highlights/18011863462633163/

NOTA:    Nos enlaces que siguen dispón de máis información e acceso a imaxes divertidas relativas a este evento:

https://barafundateatro.com/lolpop/

https://www.instagram.com/stories/highlights/18011863462633163/

 O éxito das nosas divertidas actividades responde á calidade e profesionalidade do gran equipo que compón  Barafunda,  a orixinalidade e experiencia no desenrolo integral dos seus proxectos que otorga o prestixio e plena confianza do noso público de clientes.

Estamos a súa disposición para calquera dúbida, consulta e aclaración que precisedes así coma tamén para valorar outras opcións.

Atendendo ó noso compromiso de coidar do medio ambiente e a natureza tanto os materiais que empregamos como os globos son ecolóxicos e biodegradables (os globos son de latex natural).

Para más información o cualquier consulta en:

 

                                   www.barafundaanimacion.com

Posted in Interesa saber....